Reserva de visita

Visita guiada

Descobre a historia do Mosteiro de Bergondo ao longo dos seus 9 séculos de memoria en pedra. Contaremosche a súa historia a través dos anos, faremos un percorrido polo seu interior e a súa evolución ao longo da historia.

A continuación visitaremos a capela de Santa Catalina, e o interior do mosteiro, o claustro e varias das estancias que foron reformadas, como o refectorio, o coro, e as exposicións que poderemos desfrutar.

O horario das visitas será unha vez á semana en función dos diversos actos do mosteiro, tendo en conta que pode sufrir algunha modificación por causas alleas á organización das visitas.

Prazas limitadas. Reserva con antelación.

Reserva individual

Reserva a túa praza directamente a través do formulario online.

Todos os campos son obrigatorios.

Xa fixeches unha reserva? Podes buscar a túa reserva por email para recuperar as túas ligazóns.

Se xa non podes asistir, usa esas ligazóns para cancelar a reserva e liberar a praza para a lista de espera.


Reserva para grupos

Para entidades, asociacións ou grupos organizados. O mínimo recomendado son 15 prazas e o máximo 20; se sodes máis ou menos, indícao nos comentarios. Envíanos a túa solicitude e poñerémonos en contacto contigo.

Todos os campos son obrigatorios.