900 anos de memoria en pedra
Reservar visita900 anos de memoria en pedra
No ano 1126, a condesa Guntroda Rodríguez, esposa de Pedro Froilaz de Traba, doou a igrexa de San Vicente de Moruxo ao Mosteiro de Bergondo. Aquel acto marcou o inicio dunha historia de nove séculos, situando o mosteiro como centro espiritual, cultural e social das Mariñas. Hoxe, San Salvador de Bergondo segue sendo un referente histórico e patrimonial imprescindible para descubrir Galicia.
Ler máisNo ano 1126, a condesa Guntroda Rodríguez, unha das figuras máis influintes da Galicia do seu tempo e esposa de Pedro Froilaz de Traba, chegaba co seu séquito ás terras das Mariñas para formalizar un acto histórico: a doazón da igrexa de San Vicente de Moruxo ao Mosteiro de Bergondo. Naquel momento tamén estaban presentes personaxes clave como o arcebispo Diego Xelmírez, e insírese nun contexto de gran relevancia política e relixiosa, coa recente proclamación de Afonso VII de León, antigo pupilo da propia condesa, como rei de León.
O documento, redactado en latín e conservado ata hoxe, constitúe a referencia máis antiga do mosteiro e marca o inicio dunha historia de nove séculos. Ao longo deste tempo, San Salvador de Bergondo transformouse en moito máis que un espazo relixioso: converteuse nun centro de poder, cultura e vida monástica que deixou unha fonda pegada na identidade das Mariñas.
A historia do mosteiro está marcada por etapas de esplendor e tamén de dificultade. Incendios e destrucións no século XIV, reformas impulsadas polos Reis Católicos no século XV, a invasión francesa no XIX e a desamortización de Juan Álvarez Mendizábal provocaron momentos de decadencia e cambios estruturais. Non obstante, o conxunto resistiu, adaptándose aos tempos e chegando aos nosos días como un espazo patrimonial de grande valor histórico, artístico e cultural.
Hoxe en día, quen visita o Mosteiro de Bergondo pode percorrer case novecentos anos de historia viva de Galicia, contemplando a súa arquitectura, a súa igrexa restaurada e a recuperación parcial do convento, que acolle actividades parroquiais, culturais e sociais, mantendo viva a memoria dun dos recintos monásticos máis significativos das Mariñas.
A experiencia
Historia
Fundado no século XII polos beneditinos, o mosteiro viviu séculos de cambios e transformacións.
Ler máis ↓
Arquitectura
Un dos mellores exemplos do románico galego, con elementos que amosan a súa evolución artística.
Ler máis ↓
Visita guiada
Para celebrar os 900 anos do Mosteiro de Bergondo, organizaranse visitas guiadas que percorren a súa historia, arquitectura e os momentos máis destacados ao longo dos séculos,
Como chegar
Aldea Bergondiño, 15165 Bergondo, A CoruñaLer máis ↓